Presentacion Tema 2 Galego 6 primaria

View Presentacion Tema 2 Galego 6 primaria flipbook.

LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA TEMA 2 AS PALABRAS VOAN Aprendemos, practicamos e creamos✍ Explica · Practica · Inventa

COMEZAMOS Índice de contidos 02 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA 01 Sinónimos e antónimos 02 Palabras polisémicas 03 Prosa, verso e xéneros literarios 04 A poesía: versos, estrofas e métrica 05 Recitar poesía 06 Ditongo e hiato 07 O conto galego: estrutura e creación dun relato

01 · VOCABULARIO Sinónimos e antónimos 03 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA IDEAS CLAVE SINÓNIMOS Teñen o mesmo significado ou un significado moi parecido. Exemplo: devagar = amodo Pensar = cabilar Facer = afacer ANTÓNIMOS Teñen significados opostos ou contrarios. Exemplo: extenso ≠ breve rápido ≠ lento Claro ≠ escuro PARA QUE SERVEN? Axúdannos a expresarnos con variedade e a evitar repetir sempre as mesmas palabras. Aportan riqueza no noso vocabulario e gañamos en capacidade expresiva. LEMBRA: le os exemplos e explícaos coas túas palabras.

01 · VOCABULARIO Agora tócache a ti: 5 exercicios 04 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA Resolve todos os retos na libreta. Escribe o número e copia o enunciado cando sexa necesario. 1. Escribe un sinónimo de: alegre, rápido, fermoso, furado, agarimo, atopar, automóbil, diaño, flotar. 2. Escribe un antónimo de: escuro, subir, coñecer, falar, final e valente. 3. Substitúe a palabra destacada por un sinónimo: «O camiño é **longo**» «A auga está **fría**». 4. Completa cos sinónimos correctos. - Messi e moi _________________ (Veloz) - Lebron James meteu unha canastra con moita_______________________ (Sencillez) - Rafa Radal é moi _______________ a súa selección (leal). - Mbapé foi _____________________________ con tarxeta vermella (sancionado).

02 · VOCABULARIO Palabras polisémicas 05 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA IDEAS CLAVE POLISEMIA Unha palabra é polisémica cando pode ter varios significados segundo o contexto. EXEMPLO: BANCO Senteime nun banco do parque. Fun ao banco ingresar cartos. COMO AS DISTINGUIMOS? Observamos a oración e as palabras que acompañan a palabra polisémica. No dicionario aparecen varias acepcións nunha mesma entrada. LEMBRA: le os exemplos e explícaos coas túas palabras.

02 · VOCABULARIO Agora tócache a ti: 5 exercicios 06 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA Resolve todos os retos na libreta. Escribe o número e copia o enunciado cando sexa necesario. 1. Escribe dous significados diferentes de «boca». 2. Explica os dous significados de «planta» nestas oracións: «Reguei a planta» e «A aula está na primeira planta». 3. Escribe dúas oracións coas palabras «estrela» (astro e persoa famosa). 4. Indica se «serra» significa ferramenta ou conxunto de montañas en cada oración: «Subimos á serra» / «Cortei a madeira coa serra». 5. Escolle dúas palabras polisémica (podes buscar no dicionario) e inventa dúas oracións con cada unha que mostren os seus significados.

03 · LITERATURA Prosa, verso e xéneros literarios 07 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA IDEAS CLAVE PROSA É a forma máis natural de escribir. Ocupa a liña e úsase para contar feitos, describir ou explicar. VERSO Cada liña dun poema. Os versos poden crear ritmo e musicalidade mediante a medida e a rima. RECORDA OS TRES XÉNEROS LITERARIOS Poesía: ritmo, imaxes e sentimentos. Narrativa: conta historias reais ou fantásticas (conto e novela). Teatro: obras pensadas para seren representadas. LEMBRA: le os exemplos e explícaos coas túas palabras.

03 · LITERATURA Agora tócache a ti: 4 exercicios 08 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA Resolve todos os retos na libreta. Escribe o número e copia o enunciado. 1. Explica unha diferenza entre prosa e verso. 2. Escribe catro liñas en prosa contando algo que fixeches onte ou a fin de semana. 3. Inventa dous versos sobre a choiva que rimen. 4. Indica se cada situación pertence á poesía, á narrativa ou ao teatro: expresar sentimentos nun poema; contar unha aventura; representar unha escena.

04 · POESÍA A POESÍA: Versos, estrofas e métrica 09 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA IDEAS CLAVE VERSO E ESTROFA O verso é cada liña do poema. Unha estrofa é un conxunto de versos. MÉTRICA Consiste en contar as sílabas dos versos. Ata 8 sílabas: arte menor. Máis de 8: arte maior. REGRAS IMPORTANTES DA MÉTRICA Final agudo: sumamos unha sílaba. Final esdrúxulo: restamos unha. Sinalefa: se unha palabra remata en vogal e a seguinte comeza por vogal ou h, poden contar como unha soa sílaba. LEMBRA: le os exemplos e explícaos coas túas palabras.

04 · POESÍA Agora tócache a ti: 5 exercicios 10 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA Resolve todos os retos na libreta. Escribe o número e copia o enunciado cando sexa necesario. 1. Copia un poema curto e sinala os versos e as estrofas. 2. Explica coas túas palabras que é a métrica. 3. Clasifica como arte menor ou maior un verso de 7 sílabas e outro de 11. 4. Indica que ocorre co reconto se un verso remata nunha palabra aguda. 5. Conta as sílabas métricas destes versos sinxelos: «Voa a bolboreta» e «Canta o paxariño» (repara nas posibles sinalefas).

04 · POESÍA Copia e analiza a métrica do seguinte poema. 10 Poema de Manuel María

05 · EXPRESIÓN ORAL Recitar poesía 11 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA IDEAS CLAVE ANTES DE RECITAR Le varias veces o poema, comprende o seu significado e ensaia. Se podes, memorízao. A VOZ Pronuncia con claridade, usa un volume que se escoite e mantén unha velocidade axeitada. A EXPRESIVIDADE Adapta a entoación ao sentimento: voz alta para alegría intensa ou ordes; ton normal para narrar; voz baixa para tenrura ou melancolía. LEMBRA: le os exemplos e explícaos coas túas palabras.

05 · EXPRESIÓN ORAL Agora tócache a ti: 5 exercicios 12 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA Resolve todos os retos na libreta. Escribe o número e copia o enunciado cando sexa necesario. 1. Escolle un poema breve e subliña as palabras que queres destacar. 2. Marca con / as pausas que farás ao recitar. 3. Practica o mesmo verso con alegría e despois con misterio. 4. Escribe tres consellos para que unha recitación se entenda ben. 5. Recita o poema a unha compañeira ou compañeiro e pide unha suxestión para mellorar.

06 · ORTOGRAFÍA E SONS Ditongo e hiato 13 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA IDEAS CLAVE DITONGO Dúas vogais pronúncianse na mesma sílaba. Pode ser crecente, decrecente ou homoxéneo. HIATO Dúas vogais seguidas pronúncianse en sílabas distintas. Tamén se produce entre dúas vogais fortes. ACENTO NO HIATO A i ou u tónicas levan acento gráfico cando están xunto a unha vogal átona e deben separarse: raíz, baúl, caída. LEMBRA: le os exemplos e explícaos coas túas palabras.

06 · ORTOGRAFÍA E SONS Agora tócache a ti: 5 exercicios 14 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA Resolve todos os retos na libreta. Escribe o número e copia o enunciado cando sexa necesario. 1. Separa en sílabas: coidado, lúa, coello raíz e moeda. 2. Indica se hai ditongo ou hiato: aire, teatro, baúl e cidade. 3. Copia as palabras e rodea as vogais que forman ditongo: pouco, suave, cambiou. 4. Explica por que «raíz» leva acento gráfico. 5. Escribe tres palabras con ditongo e tres con hiato.

07 · ESCRITURA CREATIVA O conto galego 15 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA QUE É? É un relato narrativo breve, moi ligado á tradición oral: historias que se contaban en familia e en lugares de encontro. QUE PODE CONTAR? Pode presentar feitos reais ou fantásticos, personaxes curiosos, lugares coñecidos ou mundos inventados. A CLAVE Un conto ten unha situación inicial, un problema ou conflito e un desenlace. Todo debe estar conectado. Pensa: que historia che gustaría escoitar arredor dunha lareira?

07 · ESCRITURA CREATIVA A estrutura do conto 16 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA 1. INTRODUCIÓN Presenta os personaxes, o lugar e o momento. Quen aparece? Onde e cando sucede? 2. NÓ Acontece algo que cambia a situación. Xorde un problema, un misterio ou un reto que os personaxes deben afrontar. 3. DESENLACE O conflito resólvese. Explica como remata a aventura e que cambia para os personaxes. Consello: podes empregar conectores como «un día», «de súpeto», «entón», «por iso» e «finalmente». Revisa que o final responda ao problema que presentaches no nó.

07 · ESCRITURA CREATIVA Escribe o teu relato paso a paso 17 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA PASO 1 · IDEA Escolle unha idea: un obxecto máxico, un animal que fala, un segredo ou unha viaxe inesperada. PASO 2 · PERSONAXES Decide quen protagoniza a historia e que quere conseguir. PASO 3 · LUGAR E TEMPO Escolle onde e cando sucede: nunha aldea, nun bosque, no futuro… PASO 4 · CONFLITO Inventa o problema ou sorpresa que fará avanzar a historia. PASO 5 · SOLUCIÓN Pensa como se resolve o problema e como remata o conto. Despois, escribe un borrador, ponlle un título e revisa a puntuación, os parágrafos e a ortografía.

07 · ESCRITURA CREATIVA 5 retos para crear o teu conto 18 LINGUA GALEGA · 6º DE PRIMARIA 1. Anota tres posibles títulos para un conto de misterio. 2. Describe o protagonista con tres características físicas ou da súa personalidade. 3. Escribe dúas oracións para a introdución: presenta o personaxe e o lugar. 4. Inventa un conflito inesperado e explica que fai o protagonista para resolvelo. 5. Escribe un conto de 10–15 liñas con introdución, nó e desenlace. Ponlle título e separa os parágrafos. REVISIÓN FINAL: ¿ten o conto as tres partes? ¿Enténdese o problema? ¿O final pecha a historia?

RETO FINAL As palabras tamén contan historias. A palabras voan. Practica, le en voz alta e deixa voar a imaxinación. Bo traballo!